23 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Concelleiros / A Concellería de Educación organiza unha

Concelleiros

A Concellería de Educación organiza unhas xornadas de limpeza e hixiene nos centros escolares

Esta iniciativa, ‘Limpar é divertido’, pretende concienciar aos menores, dun xeito ameno, da importancia da limpeza e da hixiene

 

26/11/2008

 

Entre os días 25 e 26 de novembro os CEIP Pedro Barrié, O Mosteirón, Sada e Contornos e a EEI de Carnoedo acollerán estas xornadas, que están destinadas a nenos e nenas de 3 a 5 anos

A Concellería de Educación e Xuventude, responsabilidade da socialista Raquel Bolaño, organiza entre os días 25 e 26 de novembro as primeiras xornadas de limpeza e hixiene ‘Limpar é divertido’, que se están a celebrar nun total de catro centros escolares do municipio. Esta actividade vai dirixida a nenos/as de 3 e 5 anos e pretende, dun xeito ameno, concienciar aos menores da importancia de adquirir bos hábitos.

Preto de 175 alumnos/as do Ceip Pedro Barrié desfrutaron esta mañán dunhas xornadas –repartidas en tres quendas- que inclúen actividades didácticas amenizadas por persoal especializado. Durante o obradoiro, desenvolvido no ximnasio, os menores recibiron información sobre a importancia da limpeza e da hixiene e tiveron a oportunidade de plantexar as súas preguntas. Os animadores tamén lles presentaron ao persoal que se adica a tarefas de limpeza no centro educativo

A iniciativa inclúe tamén, como actividade complementaria, un concurso de debuxo que deberá abordar a temática da limpeza. Poderán participar no mesmo os menores de 3 a 6 anos escolarizados nos centros antes mencionados. O prazo de presentación das postais (cada alumno/a poderá remitir tantas como desexe) manterase aberto ata o 19 de decembro.

Cos mellores traballos, elaborarase en cada centro un cartel coas 10 mellores postais de cada colexio para exponer. O concurso establece catro premios –un por colexio- que consistirá na entrega de libros e xogos para compartir valorados nun total de 500 euros.

Mañán, día 26 de novembro, a actividade desprazarase á EEI de Carnoedo (de 10.00 a 10.45 horas na aula de Infantil dirixida a 12 menores de 3 a 5 anos); ao CEIP O Mosteirón (de 11.00 a 11.45 horas na aula de Infantil dirixida a 25 alumnos/as de 3 anos); e ao CEIP Sada e Contornos (de 12.00 a 12.45 horas no ximnasio dirixido a 70 menores de entre 3 e 5 anos).

Esta actividade, organizada pola Concellería de Educación, está desenvolvida pola empresa Samyl, que é a actual concesionaria do Servizo de Limpeza do Concello de Sada.

 

 

 

 

 

Visitas: 25.089

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera