O acto principiará ás 17.00 horas na Casa da Cultura e durante o mesmo farase entrega dos premios do concurso escolar ‘Mimar o Planeta’.
Os ‘científicos chiflados’ de Ciencia Divertiva ofrecerán o espectáculo ‘Desenvolvemento sostible’
A Semana da Ciencia Sada 08, que principiou o pasado 31 de novembro, chegará mañán ao seu remate cun acto de clausura na Casa da Cultura Pintor Lloréns que principiará ás 17.00 horas. Durante o mesmo, farase entrega dos correspondentes premios aos gañadores/as do concurso escolar ‘Mimar o Planeta’. Así mesmo, os “científicos chiflados” de Ciencia Divertida ofrecerán un novo espectáculo teatralizado baixo o título ‘Desenvolvemento Sostible’.
A entrada será libre e a gala de clausura da Semana da Ciencia vai dirixida a todos os públicos. A función que presentará Ciencia Divertida tentará transmitir ao público, a través de divertidas historias, experiencias e coñecemento útil para o coidado e respecto do medio ambiente.
A Concelleira de Educación e Xuventude, a socialista Raquel Bolaño, amosa a súa satisfacción polo éxito acada pola segunda edición da Semana da Ciencia en Sada “na que numeroso público participou nas diferentes actividades programadas”. Tamén recorda o empeño do seu Departamento por seguir a potenciar nos vindeiros anos esta iniciativa que combina a diversión e as aprendizaxes científicas dos menores e das súas familias.
Así mesmo, anticipa que a Concellería de xestiona está a pechar a programación do Nadal, “que incluirá actividades adaptadas para todos os tramos de idade do público escolar”.