21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Hemeroteca / Hemeroteca / A Concellería de Educación organiza ‘Con

Hemeroteca

A Concellería de Educación organiza ‘Contacontos pola Igualdade’ para conmemorar o ‘Día Internacional da Muller Traballadora’

A Concellería de Educación do Concello de Sada, responsabilidade da socialista Raquel Bolaño, deseñou unha actividade coa que pretende concienciar aos menores e tamén ás súas familias no tema da igualdade. A través da figura dun contacontos, os e as escolares que cursan Educación Infantil no municipio recibirán educación non sexista e tendente a fomentar un reparto xusto das tarefas domésticas. Esta actividade pedagóxica pretende tamén fomentar o hábito á lectura.

 

Os ‘Contacontos pola Igualdade’ desenvolveranse os días 6 e 7 de marzo nos tres colexios de Sada nos que se imparte Educación Infantil nun total de 12 sesións de aproximadamente 50 minutos de duración cada unha delas. Así, no CEIP Pedro Barrié de la Maza terán lugar 8 sesións repartidas entre o xoves e o venres; no CEIP Sada e Contornos, 3 o xoves; e na Escola Unitaria de Carnoedo, unha o venres.

 

            En total, 253 menores do municipio de entre 3 e 5 anos de idade participarán nesta pioneira iniciativa coa que o Concello de Sada pretende conmemorar o ‘Día Internacional da Muller Traballadora’, que se celebrará o día 8 de marzo.

 

            Para desenvolver este proxecto pedagóxico, o Concello contratou a personal especializado que se desplazará ata os colexios en horario escolar. Esta actividade levarase a cabo nas bibliotecas dos centros escolares cunha doble finalidade: a principal de fomentar unha educación non sexista entre os menores e con corresponsabilidade no reparto das tarefas do fogar, e unha non menos importante de incrementar o hábito pola lectura.

 

            A Concelleira de Educación, Raquel Bolaño, destaca que esta iniciativa “pretende favorecer o avance social e que, neste sentido, o reparto das tarefas do fogar non se determine por cuestións sexistas”. Engade que “os nenos e as nenas representan o futuro e por iso creo que é fundamental invertir tempo e recursos na súa educación transversal sobre cuestións que son un reflexo claro do avance dunha sociedade”.

 

            Nas sesións de contacontos, traballarase con catro relatos infantís: ‘Rosa Caramelo’, ‘Niñas valientes’, ‘Arturo e Clementina’ e ‘A familia dos porcos’. Para a narración dos contos, empregaranse diferentes técnicas de expresión oral e utilizarase tamén material de apoio coma monicreques para facer máis amena e didáctica esta iniciativa.

 

            Cando remate a actividade, os menores levarán para as súas respectivas casas varias tarefas para consolidar o aprendido. Coa axuda dos seus pais e nais, deberán cubrir unha pequena enquisa sobre cuestións relativas á temática abordada nos ‘Contacontos pola Igualdade’.

 

 

 

 

 

Visitas: 25.077

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera