23 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Novas / Inicio / EL PSOE DE SADA PRESENTA UNA MOCIÓN DE A

Inicio

EL PSOE DE SADA PRESENTA UNA MOCIÓN DE APOYO A LOS ENFERMOS AFECTADOS DE HEPATITIS C

MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE SADA PARA INSTAR O GOBERNO DE ESPAÑA QUE “GARANTA O ACCESO AS NOVAS TERAPIAS PARA OS DOENTES DE HEPATITES C ” E INICIAR UN PROCESO DE PREVENCIÓN.

 

02/03/2015

 

De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Sada desexa someter á consideración do Pleno a seguinte MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A enfermidade hepática causada polo virus da hepatite C (VHC) constitúe un grave problema de saúde pública, calculándose en cifras do Ministerio de Sanidade, Igualdade e Asuntos Sociais, que unhas 700.000 persoas son portadoras deste virus no conxunto do Estado.

 

Ata hai pouco tempo os medios de tratamento dispoñibles, cunha gran toxicidade e graves efectos secundarios, tiñan como resultado altas taxas de fracaso terapéutico,

dándose ademais numerosos casos de doentes que non podían someterse a elas por intolerancia a algún dos fármacos empregados.

 

Como consecuencia, na actualidade en Galicia hai unha cantidade importante de  persoas enfermas diagnosticadas, en diferentes fases de evolución da hepatite C, que non están sendo tratadas e que teñen como única alternativa a vixilancia da súa evolución á espera de chegar a un estado que determine a idoneidade dun transplante hepático.

 

Esta situación veuse radicalmente alterada coa aprobación recente de novos fármacos. Particularmente transcendente foi a aprobación do Sofosbuvir, un antiviral de acción directa sobre o VHC, pola Axencia Europea do Medicamento (EMA) a principios do ano 2014. A comercialización deste medicamento no territorio español foi aprobada pola Dirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios o 5 de marzo de 2014.

 

O día 24 de setembro de 2014, a daquela ministra de Sanidade anunciou publicamente que o Ministerio acadara un acordo co fabricante do fármaco para incluílo na sanidade pública e que os médicos o puidesen prescribir a aqueles doentes que o precisasen, engadindo que a proposta se trasladaría inmediatamente á Comisión Interministerial de Prezos dos Medicamentos, e que “en outubro poderán dispoñer os médicos dese medicamento en toda España, para aplicalo aos doentes que o necesiten”.

 

Desde aquela hai elaborado un protocolo de posicionamento terapéutico e un documento de priorización que están sendo aplicados, no caso de Galicia, pola Subcomisión para o Tratamento de Enfermidade Hepática, constituída na Consellería de Sanidade.

 

Pero a día de hoxe, sucédense as declaracións públicas de hepatólogos, a través da Asociación Española para o Estudo do Fígado, reclamando que os criterios para a dispensación do tratamento no sistema público sexan máis inclusivos e cifran a necesidade de tratamentos urxentes a aplicar no territorio do Estado nun mínimo de 30.000 para o ano en curso.

 

Por outra banda, a inquedanza e as queixas dos doentes de hepatite C, particularmente dos post-transplantados non negativizados e dos que se atopan en fase cirrótica (F4), van en aumento ao comprobar como nuns casos a súa situación non é contemplada dentro dos criterios de elixibilidade que se aplican para o acceso ao fármaco, e noutros moitos a solicitude cursada polos seus hepatólogos, unha vez determinado que se cumpren os requisitos establecidos polo Ministerio e recollidos nas instrucións do acceso aos tratamentos da Hepatite C cursadas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, son rexeitados ou non contestados.

Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Sada presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal os seguintes ACORDOS:

 

1. Instar ao Goberno de España  para que garanta o acceso ás novas terapias para os doentes de hepatite C que o precisan, de acordo co criterio dos especialistas que atenden cada caso, dispoñendo os recursos que sexan necesarios.    

2. Instar ao Goberno Galego a que adopte as medidas necesarias para que a terapia, cos novos fármacos para a hepatite C, se dispense nas farmacias hospitalarias a aqueles doentes aos que lles sexa prescrita polos médicos especialistas do Servizo Galego de Saúde, de xeito inmediato á súa prescrición.

 

En Sada, a 24 de febreiro de 2015

 

 

 

 

 

Visitas: 25.089

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera