21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Novas / Inicio / LOS SOCIALISTAS DE SADA, CONTRARIOS A LA

Inicio

LOS SOCIALISTAS DE SADA, CONTRARIOS A LA REFORMA DE LA LEY DEL ABORTO

MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE SADA PARA TRASLADAR AO GOBERNO DE ESPAÑA A REPULSA ANTE A PROPOSICIÓN DE LEI ORGÁNICA DO PASADO 18 DE FEBREIRO

 

02/03/2015

 

De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Sada desexa someter á consideración do Pleno a seguinte MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A contrarreforma da lei do aborto presentada o pasado 18 de febreiro propón a derogación do artigo 13 apartado 4, artigo que contempla que as mulleres de 16 e17 anos poden acudir a interrumpir o embarazo sen os seus pais, cando se atopen nunha situación de violencia intrafamiliar, de malos tratos, de coacción, de desamparo ou de desarraigo.

 

Dita proposición de Lei deixa en indefensión as mulleres máis vulnerables, que se verán empurradas ao aborto clandestino e inseguro.

 

Unha contrarreforma que foi presentada pola porta de atrás eludindo os informes preceptivos do Consello de Estado e do Consello Xeral do Poder Xudicial e cuxa única xustificación se atopa na  utilización da liberdade das mulleres como moneda de cambio ante os sectores máis conservadores ante una próxima cita electoral.

 

A lei actual é unha boa lei. Non hai ningunha necesidad de reformar unha norma que tivo o consenso e que non merece ser modificada precisamente para perxudicar as máis vulnerables.

 

Os últimos datos oficiais (2013) demostran que, coa actual lei, tivemos alcanzado en España as tasas de aborto máis baixas dos últimos sete anos e que, especialmente se están a reducir o número de abortos nas mulleres menores de 30 anos. Polo tanto, a lei de 2010 cumpre co obxectivo de reducir o número de embarazos non desexados.

 

Esta contrarreforma criminaliza ás mulleres frente a lei do 2010 que se centra na prevención e na educación sexual.

 

Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Sada presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal os seguintes ACORDOS:

 

1.- Trasladar ao Goberno de España a repulsa do pleno da corporación pola contrarreforma da Lei do Aborto.

2. - Manifestar o noso apoio as protestas que neste sentido se están a celebrar en todo o Estado.

3.- Solicita ao Grupo Popular no Congreso dos Diputados a retirada desta proposición de Lei Orgánica

        

 

En Sada, a 24 de febreiro de 2015

 

 

 

 

 

Visitas: 25.077

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera