21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Comunicación e novas / 5-Xuno-2010 1ª Xuntanza-Sardiñada dos So

Comunicación e novas

5-Xuno-2010 1ª Xuntanza-Sardiñada dos Socialistas de Sada

No merendeiro de Riobao os Socialistas démoslle a benvida o verán 2010 con unha sardiñada e churrascada

 

O sábado 5 de xuño, como estaba previsto celebrouse a 1ª xuntanza do verán dos Socialistas de Sada. A partir das 21:00 horas asáronse sardiñas compradas na lonxa de Sada e para os que non son sardiñeiros tamén se asaron tiras de costela.  Hai que destacar a excelente organización, na que merece mención especial o servicio prestado polo dono e persoal do café bar Riobao, lugar ben coñecido en Sada, para celebrar festexos o aire libre. Unha vez rematada a cea, o Secretario Xeral, Beni Martínez agradeceu a asistencia e prometeu que haberá cada ano dúas Xuntanzas dos Socialistas de Sada, unha a empezos do verán e outra no inverno. Tamén aproveitou Beni para recordar que o día anterior, gracias o goberno progresista de Sada, puxéronse as primeiras pedras de dous edificios que se porán a dispor da cidadanía de Sada: A nova Escola Infantil e o Centro de Día. Dúas obras que se van a construír gracias os Fondos Estatais (a Xunta non pon un euro) e froito dun intenso e brillante traballo da Concelleira Socialista Raquel Bolaño, que tomou a palabra para explicar a emoción que lle provocou ver como se cumpre un obxectivo de tanta importancia para dos sectores da poboación: facilitar a conciliación da vida laboral ca crianza dos(as) fillos(as)  e facilitarlle a vida as persoas que precisan un Centro de Día. Cando gobernan os Socialistas Sada Progresa, e máis que un lema, e unha realidade dixo Beni Martinez. A xuntanza rematouse despois de degustar unha queimada. 

 

 

 

 

 

Visitas: 25.077

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera