21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Comunicación e novas / 1-sep'09 Os Socialistas de Sada promoven

Comunicación e novas

1-sep'09 Os Socialistas de Sada promoven a presentación de unha proposición non de lei na que se insta a Xunta a incluír nos presupostos de 2010 unha partida para a construcción da nova escola infantil de Sada

PRESENTACIÓN DUNHA PROPOSICION NON DE LEI, NA QUE SE INSTA O GOBERNO DA XUNTA A QUE INCLÚA NOS PRESUPOSTOS DE 2010, UNHA PARTIDA ESPECÍFICA PARA A CONSTRUCIÓN DA NOVA ESCOLA INFANTIL DE SADA

 

En rolda de prensa, que se celebrou hoxe 1 de setembro na sede da Agrupación Socialista de Sada: Mar Barcón, Francisco Cerviño, Benigno Martinez e Raquel Bolaño presentaron a os medios de comunicación a Proposición Non de Lei, na que se insta a Xunta de Galicia a incluír nos Presupostos de 2010 unha partida para a construcción da nova escola infantil de Sada.

 

 Á MESA DO PARLAMENTO 

A educación infantil é unha etapa clave na vida dos nenos e nenas, polo seu significado socializador e tamén polo que ten de primeiro ámbito formativo fora da familia. Asemade, o ensino infantil forma parte das políticas de conciliación que permiten a homes e mulleres traballar fora do seu fogar ó tempo que se garante o coidado dos menores. 

O anterior Goberno da Xunta fixo un importante esforzo en mellorar as ratios de nenos e nenas atendidos en escolas infantís, contando coa colaboración dos Concellos e tamén coa importante aportación económica do Goberno de España a través dun ambicioso Plan para estender a cobertura nos centros públicos ate un 33% no ano 2010. 

Como dicíamos, os Concellos foron tamén axentes esenciais para o desenvolvemento dunha rede pública de ensino infantil. Así aquelas administración locais máis sensibles ás políticas sociais e máis comprometidas có apoio ás persoas e coa igualdade de oportunidades, foron tamén as que puxeron en marcha iniciativas para dotar ós seus municipios de escolas infantís. 

O municipio de Sada conta con algo máis de 14 mil habitantes, e deles máis de 500 teñen entre 0 e 3 anos. O Concello conta cunha escola infantil de titularidade municipal que ofrece unha cobertura do 20,70% , que foi ampliada a finais do ano 2007 e que está a vivir nestes momentos obras para incrementar a oferta de prazas ate chegar a un 24,7% de cobertura. 

Estas obras fanse grazas a colaboración do anterior Goberno da Xunta, que asumiu cunha aportación de 400 mil euros o 80% do custe das mesmas. Ó mesmo tempo, conscientes da necesidade dunha nova Escola Infantil, chegouse a un compromiso entre a Administración autonómica e o Concello de Sada para dotar a este municipio dun novo Centro que dera resposta á lista de espera existente.  

Así, o Concello de Sada iniciou o expediente de expropiación dos terreos para ubicar o dito centro, expendiente que rematou o pasado dia 7 de agosto, poñéndose os terreos xa a disposición do Goberno autonómico. Polo tanto, tendo en conta a necesidade existente e o compromiso previo e á vista de que o Concello de Sada, a través da Concellería de Educación, completou as súas obrigas, o Grupo Parlamentario Socialista presenta esta 
 

PNL PARA DEBATE EN COMISIÓN 

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a: 

  1. Contratar de xeito inmediato o proxecto para a nova Escola Infantil de Sada
  2. Incluír, nos orzamentos de 2010 unha partida específica para a construción do centro
 

Asdo. Mar Barcón                                Asdo. Silvia Fraga 
 

Asdo. Francisco Cerviño                      Asdo. J. Luís Méndez

 

 

 

 

 

 

Visitas: 25.079

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera