21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Concelleiros / 07-Abr-2009 A renovada EDAR (Estación De

Concelleiros

07-Abr-2009 A renovada EDAR (Estación Depuradora) de Sada incrementou a súa capacidade de tratamento entre un 30% e un 40

As obras de mellora da EDAR supuxeron un investimento de 1,8 millóns de euros, cantidade asumida enteiramente pola Xunta de Galicia sendo presidente Emilio Perez Touriño

 

O Alcalde e os Concelleiros de Medio Ambiente e Obras visitaron hoxe a planta acompañados por técnicos de Aquagest, a empresa adxudicataria

 

O Alcalde, Abel López, acompañado polo Concelleiro socialista de Medio Ambiente , José Garrote , visitaron hoxe –día 7 de abril- as novas instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Sada acompañados por técnicos da empresa Aquagest, adxudicataria da prestación do servizo. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, investiu 1,8 millóns de euros na mellora e ampliación da planta, o que permitiu un incremento de entre un 30% e un 40% da capacidade de tratamento da instalación, segundo confirmaron hoxe os técnicos de Aquagest.

 

                 As obras, que xa están rematadas, tiveron por obxecto aumentar a capacidade de decantación da EDAR e mellorar o proceso de tratamento biolóxico das augas residuais. O investimento da Xunta permitiu tamén dotar á instalación dun tanque de homoxeneización de lodos e dun silo para a acumulación de lodos deshidratados, así coma dun novo sistema de filtración da auga tratada e de desinfección das augas con raios ultravioleta antes de ser devoltas ao medio mariño ao remate do proceso, entre outras melloras.

 

                 Durante a visita guiada, os técnicos de Aquagest explicaron que a instalación dun decantador de 14 metros de diámetro  permite o incremento da capacidade depuradora ata nun 40%. Tamén constataron que o novo silo de lodos deshidratados está a solventar o problema dos cheiros que xeraba a acumulación destes residuos en contedores abertos.

 

                 Outras actuacións executadas na planta consistiron na laminación de caudais, 'by-pass' de pretratamento, desnatador, mellora xeotécnica, espesador dinámico, deshidratador de lodos e SCADA de xestión e automatismos (equipo informático cun programa de xestión automático para garantir o normal funcionamento da pranta depuradora).

 

                 A Consellería de Medio Ambiente financiou o 100% das obras. Neste sentido, tanto o Alcalde como o Concelleiro de Medio Ambiente destacaron a sensibilidade do Goberno saínte da Xunta para “as moi necesarias obras de mellora da EDAR de Sada”. Do mesmo xeito, agardan que o novo Goberno galego amose igual disposición e se implique no proxecto de renovación do coletor xeral de augas Residuais de Sada, que está en fase de tramitación en Augas de Galicia e que contaba co apoio do Bipartito. Neste caso, o orzamento de execución ascende a 3 millóns de euros.

 

                 Este proxecto inclúe un novo coletor desde a desembocadura do Río Maior ata a EDAR, un tanque de tormentas para momentos de choiva intensa, supresión de aliviadeiros e potentes bombas de impulsión.

 

 

 

 

 

 

Visitas: 25.079

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera