21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Concelleiros / 4-abr-2009 Principiaron as obras de cons

Concelleiros

4-abr-2009 Principiaron as obras de construción dun parque infantil no CEIP do Mosteirón

Esta actuación conta cun investimento de 38.500€, ten un prazo de execución de dous meses e será financiada con cargo ao FEIL

 

O parque ubicarase na parte dereita de entrada ao recinto escolar sobre unha superficie total de 700 metros cadrados

 

Operarios da empresa Mob21, adxudicataria da obra, traballan desde primeiros de abril na construción dun parque infantil para menores de 3 a 6 anos dentro do recinto do CEIP do Mosteirón. Esta actuación estará rematada en maio e servirá para dotar ao colexio dunha infraestrutura da que carecía “e que agora é necesaria pola implantación no centro do ciclo de Educación Infantil”, explica a Concelleira de Educación, Raquel Bolaño.

 

Neste sentido, Bolaño Fariñas aclara que no presente curso 2008-09 xa se impartiu no CEIP de Mosteirón 4º de Educación Infantil e que nos dous vindeiros anos académicos crearanse senllas aulas de 5º e 6º de Educación Infantil, unha por curso.

                

                 O parque infantil ubicarase na parte dereita da entrada ao recinto escolar sobre unha superficie de 700 metros cadrados. Esta zona estaba adicada ata o de agora a xardín e dividíase en zona arborada e de céspede. Para a construción do parque só foi preciso talar un pino que fora danado por un raio.

 

                 A nova infraestrutura contará cunha zona de xogos de 105 metros cadrados de superficie e dous areeiros rodeados de céspede sobre unha superficie de 210 metros. Na zona de xogos instalaranse un tobogán, un columpio dobre e dous balancíns. Así mesmo, o parque respetará os 315 metros existentes de bosque. A actuación conlevará tamén a construción dun peche perimetral para garantir a seguridade no recinto e a substitución da porta de acceso ao antigo xardín que será transformado en parque infantil.

 

                 A obra finánciase con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL) e conleva un investimento de 38.551 euros e a contratación de cinco operarios.

 

 

 

 

 

Visitas: 25.077

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera