21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Concelleiros / 14-abr-2009 As obras de mellora na escol

Concelleiros

14-abr-2009 As obras de mellora na escola de Carnoedo principiaron o 30 de marzo e estarán rematadas a mediados de abril

A Concelleira de Educación, a socialista Raquel Bolaño, informa de que as obras de acondicionamento e mellora da Escola de Educación Infantil de Carnoedo principiaron o día 30 de marzo e estarán rematadas a mediados de abril. Esta actuación conta cun investimento de 15.563 euros e enmárcase dentro da partida ‘Investimento na mellora de centros educativos’, financidada con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL)

 

Xa se substituiu a porta de entrada ao recinto e nos vindeiros días reforzarase o peche perimetral da escola e instalaranse canastras e porterías nas pistas deportivas.

 

 Esta actuación conta cun investimento superior aos 15.500€ e servirán para “dignificar as instalacións do centro”, explica Raquel Bolaño

 

 Un dos obxectivos primordiais desta actuación é incrementar a seguridade no recinto. Neste sentido, xa está instalada a nova porta de entrada ao colexio “atentendendo unha demanda histórica das nais e pais”, explica Raquel Bolaño, quen engade que estas obras “contribuirán a dignificar as instalacións do centro despois de moitos anos sin ter recibido nin un euro de investimento”.

 

                 Bolaño Fariña, así mesmo, explica que nos vindeiros días se construirá un peche de malla ríxida en varios puntos do perímetro. A actuación incluirá tamén a dotación de material deportivo para as pistas do centro: dúas canastras reglamentarias, unha de mini-basket e dúas porterías.

 

                 Estas obras, que está a realizar a empresa ‘Construcións e reformas Dubra S.L.N.E.’ propiciaron a contratación de tres operarios.

 

            Esta actuación complementarase no futuro inmediato con outra que acometerá a Concellería de Obras para adaptar os parques infantís á normativa en vigor desde o ano 2003. Neste caso, actuarase no parque anexo ao colexio. Esta obra será financiada tamén con cargo ao FEIL.

 

 

 

 

 

 

Visitas: 25.077

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera