21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Concelleiros / 9-feb-09 O roteiro Mariñán-Costa Doce, p

Concelleiros

9-feb-09 O roteiro Mariñán-Costa Doce, promovido por Terra das Mariñas, foi presentado en Fitur

Á presentación asistiron representantes de Turgalicia, de Terra das Mariñas e o Concelleiro de Turismo de Sada, o socialista José Garrote

 

10/02/2009

 

O roteiro é de dificultade baixa e percorre o litoral sadense ao longo de 9,5 quilómetros desde o Castelo de Fontán ata a praia de Cirro

 

O roteiro Mariñán-Costa Doce foi presentado na pasada edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se desenvolveu en Madrid entre os días 28 de xaneiro e 1 de febreiro. Esta presentación tivo lugar no stand de Turgalicia e á mesma asistiron o Director Xerente de Turgalicia, Xesús Pereira; o presidente de Terra das Mariñas, Juan José Rocha e o Concelleiro de Turismo de Sada, o socialista José Garrote.

 

                 O último treito do roteiro Mariñán-Costa Doce foi inaugurado o pasado día 2 de novembro e serviu para completar un percorrido total de 9,5 quilómetros dun sendeiro litoral que discorre entre o Castelo de Fontán e a praia de Cirro e que está catalogado de dificultade baixa.

 

                 Esta iniciativa (o roteiro Mariñán) enmárcase no programa que Terra das Mariñas está a desenvolver nos seus Concellos asociados para a recuperación e posta en valor de antigos sendeiros. Tanto o Alcalde de Sada como o Concelleiro de Turismo destacan que o roteiro litoral do que dispón Sada contribúe a mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veciñas do municipio e supón un novo atractivo turístico para a vila.

 

 

 

 

 

Visitas: 25.077

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera