21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Concelleiros / A piscina municipal dispón de vestiarios

Concelleiros

A piscina municipal dispón de vestiarios adaptados para persoas discapacitadas

O Concelleiro de Deportes e o presidente de ‘A Peneira’ visitaron hoxe as instalacións, nas que o Goberno Local investiu máis de 7.000 euros

 

Antonio Dorado  expresou o seu agradecemento ao Concello por ter atendido unha demanda histórica do colectivo que representa

 

A piscina municipal dispón de dous vestiarios (un masculino e outro feminino) adaptados para persoas discapacitadas. O Concelleiro de Deportes, o socialista José Garrote, e o presidente da asociación ‘A Peneira’, Antonio Dorado, visitaron hoxe –día 22 de xaneiro- as novas infraestruturas, que supoñen un novo paso na plena integración social das persoas do municipio que sofren algún tipo de discapacidade física.

 

                 Durante a visita aos novos vestiarios, Antonio Dorado expresoulle a José Garrote o seu agradecemento porque o Concello atendera unha demanda histórica do colectivo que representa.

 

                 O Concelleiro de Deportes, pola súa banda, asegurou que a intención do Goberno Local é continuar a traballar para que todos os habitantes do municipio poidan poidan ter acceso aos mesmos servizos. E asegurou que o investimento do Concello nos vestiarios superou os 7.000 euros.

 

 

 

 

 

 

Visitas: 25.079

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera