21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Concelleiros / Educación informa de que está aberto o p

Concelleiros

Educación informa de que está aberto o prazo de preinscrición para os cursos Celgas 2009

As persoas interesadas en participar nos cursos de galego deben cursar as súas solicitudes antes do día 27 de febreiro na Oficina da Xuventude

 

A Concellería de Educación e Xuventude, responsabilidade da socialista Raquel Bolaño, informa de que está aberto o prazo de preinscrición para participar nos cursos Celgas (niveis 1, 2 e 4) 2009. As persoas interesadas en apuntarse nos mesmos –que son gratuítos- deben apuntarse na Oficina da Xuventude (981 620 331) antes do 26 de febreiro.

 

                 O Celga é o Certificado en Lingua Galega que expide a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis: Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4 e Celga 5. Trátase dun novo modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación de lingua galega que se adapta ao Marco europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello de Europa e no que se describen os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz.

 

                      Para obter o certificado dun nivel calquera débese superar unha proba oficial emitida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, posterior á participación nos cursos. Para ter dereito á proba débese formalizar unha matrícula previa e pagar unha taxa polo dereito a exame.

 

 

 

 

 

 

Visitas: 25.077

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera