21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Concelleiros / 31 alumnos/as do CEIP Sada e Contornos c

Concelleiros

31 alumnos/as do CEIP Sada e Contornos comezarán a desfrutar do servizo de comedor no IES de Mosteirón a partir do 12 de xaneiro

Coa finalidade de garantir a seguridade viaria dos menores, habilitouse unha parada de autobús na mesma beirarrúa do CEIP Sada e Contornos

 

A nova parada de bus implicará que nesa zona non se poidan estacionar vehículos entre as 13.00 e as 16.00 horas en días de funcionamento escolar

 

A Concellería de Educación, responsabilidade da socialista Raquel Bolaño, informa de que o novo servizo de comedor para os 31 alumnos e alumnas do CEIP Sada e Contornos que demandaron praza de comedor no IES de Mosteirón comezará a funcionar o vindeiro luns, día 12 de xaneiro. Esta prestación manterase ata o remate do presente curso escolar e a intención do Concello é prolongala ata que o centro educativo dispoña dun comedor propio.

 

                 Bolaño Fariñas engade que –para garantir a seguridade viaria- o Concello habilitou unha parada de autobús a escasos metros da saída do colexio Sada e Contornos. Esto implicará a prohibición de estacionar nesta zona en horario de 13.00 a 16.00 horas nos días de funcionamento escolar. A recollida dos menores producirase todos os días neste punto á saída do colexio (14.00 horas) e o retorno terá lugar entre as 15.30 e as 16.00 horas.

 

                 A prestación do novo servizo no comedor do IES de Mosteirón (xestionado pola Xunta de Galicia) realizarase en virtude dun convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, o Concello de Sada e a ANPA do CEIP Sada e os seus Contornos.

 

 

 

 

 

Visitas: 25.079

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera