23 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Concelleiros / 07-ene-09 José Garrote inaugura hoxe a m

Concelleiros

07-ene-09 José Garrote inaugura hoxe a mostra fotográfica de Villas Marineras ‘Un mar de cores’

O acto terá lugar na Casa da Cultura, lugar onde a exposición permanecerá aberta ao público ata a segunda quincena de xaneiro

 

A mostra está integrada por un total de 34 fotografías, dúas de cada un dos 17 municipios que integran a marca ‘Villas Marineras’

  O Alcalde de Sada e o Concelleiro de Turismo -Abel López e José Garrote, respectivamente- inaugurarán hoxe a partir das 20.00 horas a exposición fotográfica de Villas Marineras ‘Un mar de cores’. A mostra estará aberta ao público ata a segunda quincena do mes de xaneiro na Casa da Cultura Pintor Lloréns.

 

 A exposición está integrada por un total de 34 fotografías (dúas de cada un dos 17 municipios que integran ‘Villas Marineras’) e amosa diferentes paisaxes nas que o mar é o gran protagonista. Coa mostra, que se exhibirá de xeito rotatorio durante 15 días en cada un dos concellos asociados, preténdese achegar á cidadanía as excelencias destas vilas para potenciar o turismo interno entre os habitantes dos municipios integrados en ‘Villas Marineras’.

 

                 A marca ‘Villas Marineras’ está integrada por un total de 17 municipios e son os seguintes: seis galegos (Sada, Ortigueira, Viveiro, Ribadeo, Baiona e Sanxenxo); catro asturianos (Xixón, Cudillero, Ribadesella e Llanes); catro vascos (Bermeo, Lekeitio, Getaria e Hondarribia) e tres cántabros (San Vicente de la Barquera, Santoña e Laredo).

 

 

 

 

 

Visitas: 25.089

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera