21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Concelleiros / 26-dic-2008 O Concello de Sada e a Deput

Concelleiros

26-dic-2008 O Concello de Sada e a Deputación inaugurarán mañán o novo céspede artificial do campo das Mariñas

A substitución do céspede natural por herba artificial tivo un custe de preto de 600.000 euros e foi financiado pola Deputación nun 85%

 

O acto terá lugar ás 12.00 horas e ao mesmo asistirán o Presidente da Deputación, o Alcalde de Sada e o Concelleiro de Deportes

 

O Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, o Alcalde de Sada, Abel López Soto e o Concelleiro de Deportes, José Garrote Martín, participarán mañán –día 27 de decembro- na inauguración do novo céspede artificial instalado no campo de fútbol das Mariñas. O acto principiará ás 12.00 horas na instalación deportiva municipal e durante o mesmo descubrirase unha placa conmemorativa na porta principal do estadio.

 

                 As obras supuxeron un investimento próximo aos 600.000 euros e enmarcáronse no Plan da Deputación da Coruña de substitución da herba natural por artificial en máis de 40 campos de fútbol da provincia, entre eles o das Mariñas de Sada. O organismo provincial asumiu un 85% do custe total do proxecto, mentres que o Concello aportou o 15% restante.

 

                 Garrote Martín asegurou que a nova instalación “permitirá maximizar o uso do campo de fútbol polos diferentes equipos de fútbol do municipio, xa que a herba artificial é máis resistente que a natural e non precisa dun mantemento excesivo”. O Concelleiro de Deportes engadiu que o campo dispón dunha iluminación provisional que permite o seu emprego pola noite.

 

 

 

 

 

Visitas: 25.077

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera