23 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Concelleiros / 18-dic-2008 A Concellería de Educación a

Concelleiros

18-dic-2008 A Concellería de Educación anuncia que a Xunta se comprometeu á renovación do tellado do CEIP Sada e Contornos

O Delegado de Educación na Coruña, José Manuel Mouriz, confirmoulle a Raquel Bolaño que está previsto que as obras se acometan no verán

 

O custo íntegro dos traballos de renovación da cuberta do colexio serán asumidos pola Xunta, mentres que o Concello acometerá o pintado da fachada e do interior do edificio.

A Concelleira de Educación, a socialista Raquel Bolaño, anuncia que a Xunta de Galicia se comprometeu a acometer durante o verán de 2009 a renovación do tellado do CEIP Sada e Contornos. O Delegado da Consellería de Educación na Coruña, José Manuel Mouriz, confirmoulle esta nova en datas recentes a Bolaño Fariñas; así como o feito de que o Goberno galego asumirá integramente o custo destes traballos.

                 Raquel Bolaño destaca o feito de que se melloren as infraestrururas dos centros educativos do municipio e engade que o Departamento que xestiona aproveitará estas obras para acometer o pintado da fachada e do interior do inmoble. Así mesmo, avanza que a Concellería de Educación tentará desenvolver estes traballos tamén no verán de 2009.

 

                 Neste sentido, Bolaño Fariñas subliña que o diálogo institucional que promove o Concello de Sada e a coordinación de esforzos entre as diferentes administracións “é un factor clave que contribúe a incrementar os servizos e o benestar para o conxunto da cidadanía”.

 

                 A Concelleira de Educación tamén quere precisar que estas melloras no colexio servirán para complementar a futura ampliación que está previsto acometer no CEIP Sada e Contornos.

 

 

 

 

 

Visitas: 25.089

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera