21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Concelleiros / 16-dic-2008 A Concellería de Educación e

Concelleiros

16-dic-2008 A Concellería de Educación e Xuventude ofrece un variado programa de actividades de Nadal

Todas as actividades programadas serán gratuítas, agás a excursión do día 26 de decembro á pista de patinaxe do Coliseum, que custará 5 euros. Os destinatarios serán menores e adolescentes ata os 17 anos, que poderán desfrutar de aulas de Nadal, clases de baile moderno ou patinaxe sobre xeo no Coliseum, ademais da visita dos Reis Magos aos colexios

 

 A Concellería de Educación e Xuventude -responsabilidade da socialista Raquel Bolaño- ven de pechar unha programación de Nadal que inclúe unha variada oferta de actividades tanto para o público infantil como para os adolescentes. Os días 18 e 19 de decembro, os Reis Magos abrirán os festexos coa súa tradicional visita aos colexios do municipio (Mosteirón, Carnoedo, Pedro Barrié, Sada e Contornos, Aspace e a Escola Infantil Municipal). 

      Pero tamén os rapaces e rapazas de 13 a 17 anos poderán gozar de actividades de ocio durante as vacacións. Así, o Concello organiza un Máster Class de Baile Moderno no Pavillón municipal os días 23 e 30 de decembro en horario de 12.00 a 13.30. O tope de prazas por día será de 15 e as inscricións, que serán gratuítas, deben realizarse na Oficina da Xuventude (981 620 331). 

      Tamén deberán apuntarse na Oficina da Xuventude os menores interesados en participar na excursión á pista de xeo do Coliseum da Coruña o día 26 de decembro con saída de Sada ás 11.00 horas e regreso ás 14.00. O número de prazas é 50 e o custe desta actividade (destinada a menores de 6 a 17 anos) será de 5 euros por persoa que se corresponde coa entrada. 

      Pero tamén os máis pequenos poderán divertirse durante as vacacións nas ‘Aulas de Nadal’ que organizará a Concellería de Educación no colexio Sada e Contornos e que serán totalmente gratuitas. A primeira quenda celebrarase os días 22 e 23 de decembro e vai destinada a menores de entre 4 e 6 anos) e a segunda (para menores de 7 a 12 anos) desenvolverase os días 29 e 30 de decembro.  

      Esta actividade celebrarase en horario de 10.30 a 13.30 horas e ten un límite de 20 prazas por quenda. O Concello informa de que, no caso de que a demanda de prazas supere á oferta, respetarase de xeito riguroso a orde de inscrición, que deberá realizarse na Oficina da Xuventude. 

      Así mesmo, os días 22 e 29 de decembro o alumnado que participe nestas Aulas poderá desenvolver unha actividade complementaria (‘Un soño de Nadal’) que se realizará no local da Oficina da Xuventude en horario de 20.25 a 21.00 horas. 

      Raquel Bolaño aclara que esta actividade ten como finalidade primordial (ademais de entreter aos máis pequenos durante o Nadal), “facilitar a conciliación da vida laboral e familiar dos pais e nais do alumnado”. 

      Por último, o día 27 de decembro a Casa da Cultura acollerá o tradicional Concerto de Nadal, que neste caso será ofrecido polo coro ‘Agra das Arcas’ e pola Banda Municipal da Escola de Música de Sada. A entrada será gratuíta. Minutos antes de que principie a actuacións (ás 19.00 horas) farase entrega dos premios do concurso de Postais de Nadal promovido polo Concello entre o alumnado de Educación Infantil e Primaria. 

 

 

 

 

 

Visitas: 25.077

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera