23 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SADA

 


Home / Comunicación / Concelleiros / 15-dic-2008 Un total de 31 alumnos/as do

Concelleiros

15-dic-2008 Un total de 31 alumnos/as do CEIP Sada e Contornos disfrutarán do servizo de comedor no IES de Mosteirón

A Concellería de Educación ten pechado un acordo cunha empresa para garantir o transporte de ida e volta do alumnado, que será gratuíto

 

15/12/2008

 

O servizo, que comezará a funcionar en xaneiro, pretende garantir a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais e que á hora de elexir colexio prime o criterio do proxecto educativo de cada centro

 

Os 31 alumnos e alumnas do CEIP Sada e os seus Contornos que demandaron praza de comedor escolar –infraestrutura da que carece este centro- desfrutarán deste novo servizo a partir do regreso das vacacións de Nadal e ata o remate do presente curso escolar 2008-2009. Esto será posible grazas ás intensas xestións realizadas desde a Concellería de Educación.

 

A socialista Raquel Bolaño, responsable deste departamento, informa de que o Concello asumirá o custe do transporte de ida e volta para o alumnado que pasará a ser beneficiario deste novo servizo e que xa está asinado o correspondente acordo cunha empresa de transporte.

 

 A prestación do novo servizo no comedor do IES de Mosteirón (xestionado polo Goberno galego) realizarase en virtude dun convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, o Concello de Sada e a ANPA do CEIP Sada e os seus Contornos, cuxa sinatura foi aprobada na última xuntanza do Consello da Xunta de Galicia .

 

 Bolaño Fariñas destaca que esta medida suporá “un importante avance” na conciliación da vida laboral e familiar dos pais e nais dos 31 alumnos e alumnas que pasarán a desfrutar do servizo de comedor. E engade que unha das prioridades da Concellería de Educación é conseguir que as familias elixan os centros educativos en función dos seus proxectos educativos. Por este motivo, aclara que continuará a traballar para equiparar o nivel de prestación servizos en todos os centros do municipio.

 

 

 

 

 

Visitas: 25.089

PSdeG-PSOE , Rúa Sada de Area, 34 – Ent. 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981622862
E-mail: sada@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera